Carreira ENKI

Qué é a carreira ENKI?

A carreira ENKI é unha cita única en Galicia. Nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Nas súas primeiras edicións, ENKI realizou eventos na Coruña, Vigo e Santiago de Compostela. En 2018 a proba unifícase, contando cunha única edición para toda Galicia na que participan 7.500 persoas. En 2019, con 10.000 rexistrados, convértese na carreira máis multitudinaria de Galicia.

ENKI conta cunha carreira de obstáculos adaptados e dun espazo de solidariedade destinado ás entidades sociais para sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a súa realidade a través de xogos abertos a todos os públicos.

Carreira ENKI 2021

VIII EDICIÓN CARREIRA ENKI

Voltamos con moitas ganas de xogar un ano máis! Non queremos que ninguén quede sen xogar connosco nesta cita única en Galicia, para todas as idades e condicións.

Pronto lanzaremos toda a información. O 23 de outubro volve a Carrera ENKI. #EUxogoconENKI e ti?

Colabora

Faite voluntario!

Únete ao equipo de voluntarios ENKI!

Inscripción voluntarios
Desde 2014

Ediciones anteriores

Desde 2014 la carrera más divertida y solidaria del año recorre las calles de Galicia. ¡Descubre todas sus ediciones, vídeos y fotografías!

Preguntas frecuentes

Quen pode participar?

ENKI é unha iniciativa lúdica aberta a todos os públicos; nenos, maiores, familias, deportistas, non deportistas, mulleres, homes, persoas con mobilidade reducida, atletas… Non é necesario estar en forma fisicamente, xa que para gozar do evento unicamente necesitarás ter ganas de pasalo ben e de apoiar esta causa solidaria.

Pódese participar en equipos?

A participación por equipos debe contar cun mínimo de 2 persoas. Para formalos será necesario indicar o nome do grupo á hora de realizar a inscrición. ENKI premiará ao equipo máis numeroso de cada edición.

É necesario inscribir a todo o equipo á vez?

Non é necesario, abonda con que todos os membros do grupo poñan o mesmo nome de equipo no que participarán o momento da inscrición.

Podo participar sen equipo?

¡Claro! Non hai ningún problema: todos os participantes do evento ENKI formareis un gran equipo.

Podo inscribir a un menor?

Sí, pero no momento da inscrición deberán introducirse os datos do tutor/a legal que autorice a participación do menor e acepte o reglamento e normativas necesarias para participar.

Onde me inscribo?

Podes facelo de forma online a través de www.enkiproyecto.com e nos puntos presenciais que se habilitarán para tal fin.

Canto custa a inscrición?

Este ano reducimos o prezo do dorsal. O prezo xeral será de 3 euros e inclúe, como novidade, unha Bolsa do Corredor ENKI 2020. Ademais, se queres colaborar con ENKI 2020 animándonos desde a “a fila cero”, podes axudarnos cunha doazón e sumar para que ENKI poida seguir superando barreiras.

A onde se destinará o importe da miña inscrición?

Nesta edición, o 100% dos fondos recadados destinaranse ás entidades sociais que participan no evento ENKI 2020. Unha vez finalizado o evento darase a coñecer o total da recadación.

A que hora, día e onde podo recoller o meu dorsal?

Nos días previos á carreira recibirás un correo electrónico con toda a información. Neste mesmo espazo web facilitaremos os horarios e lugares de recollida de forma presencial ou calquera outro tipo de información sobre a súa recollida.

Que inclue a miña inscrición?

Coa túa inscrición en ENKI 2020 recibirás o teu dorsal, que che acredita para participar no evento e optar aos premios co teu equipo. Tamén recibirás unha Bolsa do Corredor ENKI 2020 que inclúe avituallamiento e agasallos promocionais dos promotores do evento, incluídos elementos para recrear algúns obstáculos… e divertidas sorpresas.

Podo participar sin dorsal?

Para poder participar deberás inscribirche na Carreira de Obstáculos pola Inclusión. A inscrición darache dereito a dorsal, que inclúe unha bolsa de corredor, e a optar aos premios de ENKI 2020. Ademais, coa túa inscrición estarás a achegar o teu granito de area para apoiar ás entidades sociais desta edición.

Si tes máis preguntas non dubides en contactar con nos. Escríbenos a info@enkiproyecto.com y te responderemos o antes posible!