Saltar ao contido
Participantes de Enki compartindo unha xornada lúdica e inclusiva ao aire libre.

Carreira Enki

Somos o movemento que pon a sociedade en movemento para demostrar que a inclusión fai máis feliz á sociedade.

QUE É A CARREIRA ENKI?

A carreira ENKI é unha cita única en Galicia. Nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade. Trátase dunha carreira de obstáculos adaptados e dun espazo de solidariedade, destinado ás entidades sociais, para sensibilizar e concienciar a cidadanía sobre a súa realidade a través de xogos abertos a todos os públicos.

Participantes da Carreira Enki gozando dunha actividade inclusiva ao aire libre.

Voluntario Enki Inclusión Deportiva

Cando corres a Carreira Enki, non só o estás pasando ben. Tamén convives coa inclusión e axúdasnos a visibilizala. Ademais, a túa achega destinarase ao 100% a proxectos inclusivos relacionados co lecer e o deporte, para que todo o mundo teña a oportunidade de vivilo.

Saída multitudinaria de participantes nunha edición da Carreira Enki.

Logros

15.000 inscritos, a carreira máis multitudinaria de Galicia Agrupando 42 entidades do terceiro sector.

Momento festivo dunha edición anterior da Carreira Enki.

Edicións anteriores

Mira como o pasamos, Ocórreseche unha carreira máis divertida?

Representantes de entidades sociais participando en dinámicas abertas durante a Carreira Enki.

Entidades en movemento

As entidades sociais e os colexios son unha parte fundamental do proxecto ENKI e da Carreira. Por iso cada ano procuramos visibilizar a súa causa e o seu traballo, así como levar a cabo diferentes dinámicas coa xente, para achegarse de forma lúdica a todas as persoas que asisten á carreira.

Descargar dossier

Faite voluntario

Se queres formar parte do noso equipo de voluntarios e axudarnos a conseguir cada ano que esta loucura se converta en realidade, aquí contámosche como.

Colectivos

Grupo de empresa participando na Carreira Enki.

Carreira Enki para empresas

Colaboradores

Logotipo colaborador da Carreira Enki 1
Logotipo colaborador da Carreira Enki 2
Logotipo colaborador da Carreira Enki 3
Contactar por WhatsApp