Fundación Abrente

A fundación

A Fundación Abrente (CIF G70397849) é unha organización sen ánimo de lucro que nace o 30 de decembro de 2013 coa aspiración de contribuír á construción dunha sociedade mellor.

A iniciativa xorde do compromiso das persoas que conforman o padroado da Fundación. Co seu esforzo e labor, pretenden impulsar a inclusión de las personas con diversidad funcional, con especial atención aos menores, a través da práctica da cultura física e deportiva non competitiva.

Desde a Fundación Abrente cremos no deporte e nos seus beneficios a nivel físico, pero tamén polos valores asociados á súa práctica: compañeirismo, esforzo e espírito de superación. Por iso, a través do deporte, queremos traballar pola inclusión e eliminación das barreiras sociais que, a día de hoxe, aínda existen: queremos sumar conciencia social, solidariedade e, sobre todo, responsabilidade.

Sabemos que é un proxecto modesto por envergadura, pero un gran proxecto de vida: as ideas, os obxectivos e as ganas de xerar sorrisos desbórdannos desde 2013. Desde entón, seguimos traballando para contribuír a convivir nun mundo máis xusto, solidario e responsable.

Fins fundacionais

Tal e como se recolle nos estatutos da Fundación Abrente, esta ten por obxecto “promover accións teóricas e prácticas do deporte a través do patrocinio de eventos deportivos, poñendo especial interese na integración persoal e laboral das persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial. Así como a defensa e atención de colectivos en risco de exclusión por razóns físicas, sociais ou culturais”.

A Fundación Abrente está inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Gallego da Xunta de Galicia co número 2015/04. É unha entidade sen ánimo de lucro acollida con data 02/02/2015, de acordo á Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e de mecenado.

Fundación Abrente

Equipo

A Fundación Abrente conta cun padroado que é o seu máximo órgano de goberno e exerce a súa representación. Para o noso equipo, ENKI non é só un proxecto: é alegría, ilusión, compromiso, compañeirismo. É a convicción de poder avanzar, desde a práctica deportiva, na integración. Coñécenos!

Fundación Abrente

Transparencia

A transparencia na xestión da Fundación Abrente é fundamental no noso compromiso moral para contribuir á mellora da sociedade. Un compromiso que acredita a Fundación Lealtad, xa que cumplimos cos nove principios de transparencia e boas prácticas marcadas por este organismo a través do sei selo ONG Acreditada.

Todas as persoas, entidades e institucións que colaboran con ENKI a través da Fundación Abrente poden saber a que destinamos as súas achegas.

Como nos financiamos e investimos en proxectos?

A Fundación Abrente finánciase a través dos diferentes proxectos que promove, que tamén contan con financiamento público e privado. Ademais, o 100% da recadación que se obtén a través da Carreira de Obstáculos pola Inclusión ENKI destínase a entidades sociais e iniciativas concretas que promovan o acceso ao deporte das persoas con discapacidade, e así se fai público anualmente.

Ingresos

Aportacións usuarios (*)

35.7%

Patrocinios e colaboracións

32%

Subvencións

20.3%

Donacións

12%

* Carreira ENKI, campamentos, actividades deportivas, etc.

Gastos

Inversión: Material Deportivo adaptado

35%

Persoal

21%

Donacións (**)

5.5%

Gastos de actividade

33.40%

Outros gastos

5.10%

** Incluye ayudas económicas a entidades sociales.

12208.50

Resultado de actividad en 2019

Memorias

2014 / 2015 / 2016 / 2017 / 2018 / 2019

Contas

2014 / 2015 / 2016 / 2017 / 2018 / 2019

Auditorías

2015 / 2016 / 2017 / 2018

Colabora

Colabora con ENKI

Axúdanos a favorecer a inclusión das persoas con diversidade funcional a través do deporte

Colabora con ENKI
O proxecto

Que é ENKI?

En 2014 nace ENKI a partir dunha experiencia persoal de superación e loita. Así, nese ano incorpórase por primeira vez unha categoría adaptada nunha carreira popular, permitindo a participación de menores con diversidade funcional nun evento deportivo.

Desta experiencia inicial, e co obxectivo de promover a inclusión das persoas con diversidade funcional, xorde nese mesmo ano a primeira edición da
Carreira de Obstáculos por la Integración ENKI. DDesde 2014, esta proba lúdica e deportiva converteuse na carreira non competitiva máis numerosa de toda Galicia. Coa súa celebración pretendemos dar visibilidade as persoas con diversidade funcional, as entidades sociais que traballan pola inclusión e o deporte adaptado.

O proxecto

Recoñecementos

O proxecto

Patrocinadores

No noso camiño cara á inclusión contamos co apoio de diferentes institucións e entidades que fan posible que ENKI sexa unha realidade. Grazas á súa colaboración podemos poñer en marcha carreiras e circuítos adaptados, xornadas formativas en centros escolares ou guías de accesibilidade que nos permiten avanzar cara a unha sociedade mellor.

Promotores
Colaboradores