Ola! Somos ENKI, unha fundación sen ánimo de lucro que traballa desde 2013 por un mundo máis inclusivo. Axudamos, a través do deporte e do lecer, a persoas con diversidade a sentirse parte da sociedade. Tamén damos visibilidade a esta causa para que todas as persoas formen parte da inclusión.
Coñéceos mellor
O movemento
Non somos só unha fundación, somos un movemento pola inclusión. E un movemento implica acción. Temos un montón de proxectos e actividades ao longo do ano para conseguir que esta se converta nunha realidade.
Coñéceos
La familia Enki
A inclusión só será posible se todas e todos participamos. Por iso Enki non somos só as persoas da entidade. Somos as entidades sociais, os colexios, as empresas e todas as persoas que nos apoian e nos necesitan. Se queres formar parte desta gran familia ou saber que podemos facer por ti, aquí contámoscho:
“Cando ENKI apareceu na miña vida deume a oportunidade de practicar deporte de maneira habitual; iso permíteme estar activo e coñecer xente nova. ENKI dálle visibilidade a persoas como eu e fai un labor moi importante para todos.”
Manuel
Usuario ENKI
queres sumarte?
Se ti tamén sentes que queres facer un mundo máis inclusivo, podes contribuír de moitas maneiras para crear un impacto real na sociedade. Aquí contámosche como: